Concello de Ames
Concello de Ames
June 9, 2025 at 08:06 AM
👅 *O proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras* 🌸 que se entregaron o sábado no Pazo da Cultura de Pontevedra. 💬👦🏻👧🏽 Os galardóns recoñeceron outros tres programas que inciden na infancia e na mocidade, favorecen a socialización en galego e potencian a reflexión e a posta en marcha de medidas para asociar a lingua con valores positivos: a canle de vídeos animados Galego para peques, a empresa de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego Brazolinda e o programa do CEIP Sagrada Familia da Coruña Vitamina G. Toda a ℹ️ do evento 🔗https://bit.ly/3SBmIPQ
Image from Concello de Ames: 👅 *O proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na...

Comments