
Concello de Ames
June 9, 2025 at 08:08 AM
*Aberto do 9 ao 23 de xuño o prazo de inscrición para os cursos de natación de xullo nas piscinas descubertas municipais* 💦
🏊🏼♀️ En agosto realizaranse unha nova quenda de cursos de natación, para os que será necesario inscribirse entre o 14 e o 28 de xullo.
ℹ️ Estas actividades terán lugar de luns a venres, tanto na piscina descuberta de Bertamiráns coma na do Milladoiro.
📋 As inscricións hai que tramitalas a través da plataforma Cronos desde aquí 🔗 https://bit.ly/4kwxjI1
Se queres saber máis, a info ao detalle aquí 🔗 https://bit.ly/3ZWbVnh
