
Concello de Ames
June 10, 2025 at 07:57 AM
*Éxito de participación no Encontro Intercultural coa degustación de preto de 30 receitas e diversas actuacións musicais* 😋🎶🌏
A Praza da Maía acolleu este sábado unha xornada chea de sabor, música e convivencia. Máis de 30 receitas típicas de países como Venezuela, Perú, Colombia, Brasil, Guatemala, Marrocos, Exipto e Siria puideron ser degustadas polos asistentes: pratos tradicionais, sobremesas e bebidas que fixeron as delicias de todos os públicos.
🎶 A música tamén foi protagonista da man do artista Misael Sánchez, unha agrupación de nenos e nenas peruanos/as e o grupo Batuko Tabanka, que puxeron ritmo e alegría á xornada.
Este Encontro Intercultural foi organizado polo Concello de Ames, coa colaboración da Asociación de Peruanos de Santiago e AVESANTI (Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela).
🫱🏻🫲🏿Grazas a todas as persoas e entidades que o fixeron posible!
Toda a ℹ️ do encontro 🔗 https://bit.ly/45fpbqB
