
Concello de Ames
June 11, 2025 at 07:48 AM
*O presidente de CEGASAL pon a Ames como exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional* 💼
🔹Na mañá de onte, o presidente de CEGASAL, Mino Martínez Lago, visitou á Casa do Concello, en #bertamiráns, para manter unha xuntanza no salón de Plenos co alcalde e cos concelleiros e concelleiras do Grupo de goberno.
🔹En dita xuntanza explicou que é CEGASAL e o traballo que realiza dita entidade. Mino Martínez puxo a Ames como exemplo a seguir por outras administracións en prol da integración laboral de persoas con diversidade funcional.
🔹A empresa Dixardin, que forma parte de CEGASAL, é a adxudicataria do servizo de mantemento de zonas verdes do concello de Ames.
Toda a ℹ️ da visita 🔗 https://bit.ly/43QHjEU
