Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
May 14, 2025 at 07:30 PM
⚽️O C.F San Sadurniño estréase o domingo na fase de ascenso á 1ª Futgal. Será ás 16:00h no campo de fútbol do polígono da Agrela, na Coruña, xogando contra o Imperátor OAR o partido de ida da primeira eliminatoria. É importante que o equipo sinta o apoio da afección neste momento histórico. 🚌 Por iso o club fletará un autobús que sairá ás 13:45h de diante da Casa do Concello (estacionará na beirarrúa do Café del Palacio). Quen queira reservar praza deberá contactar o antes posible con Luis Santalla no 618 850 792. FORZA SANSAAAAAA!!!! https://sansadurnino.gal/todas-e-todos-a-coruna-este-domingo-para-animar-ao-sansa/

Comments