
Concello de San Sadurniño
May 15, 2025 at 06:52 AM
Hai uns días informámosvos dos dous cursos de apicultura que ofrecerán o Concello e a Asociación Casa do Mel, un de iniciación agora en maio e outro sobre aproveitamentos da colmea no mes de setembro. Pois ben, ambas formacións acaban de incorporarse ao catálogo de cursos da Consellaría do Medio Rural e por este motivo as inscricións deberán facerse a través da plataforma en liña da Xunta de Galicia. Xa actualizamos a información co enlace á páxina dos cursos e os códigos que ten cada un. Se precisades axuda podedes contactar co técnico de Cultura no 616 332 919 ou co persoal da Casa do Mel 661 003 616.
https://sansadurnino.gal/concello-e-casa-do-mel-reeditan-o-curso-de-iniciacion-a-apicultura-que-tera-segunda-parte-en-setembro/