Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
May 15, 2025 at 07:45 AM
🚶‍♀️🚶Lembrade que este venres empeza en Santa Mariña a rolda de camiñadas polas parroquias. Quedamos ás 16:00h no local social da Golpilleira para dar unha volta de aproximadamente unha hora ou hora e cuarto de duración. Nada intenso, senón máis ben un paseo apto para calquera idade. Fai falla levar calzado cómodo e transpirable, e tamén algo de beber. Este ano hai programados tres percorridos: este de Santa Mariña, o do mércores 28 de maio por Naraío e o do venres 20 de xuño por Lamas. Para anotarse hai que contactar co técnico municipal de Deportes no 672 942 426.
Image from Concello de San Sadurniño: 🚶‍♀️🚶Lembrade que este venres empeza en Santa Mariña a rolda de cami...

Comments