Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
May 21, 2025 at 11:07 AM
https://sansadurnino.gal/imos-dar-unha-volta-na-bici-este-domingo/ 🚴‍♀️ Sansa en rodas bota a andar este domingo! A Concellaría de Deportes e o Club Biela E Chaveta inauguran este programa deportivo coa tradicional Ruta ciclista en familia, que este ano cambia o seu itinerario. Serán case 16 quilómetros moi doados (na ruta pode participar rapazada a partir dos 6 anos) por San Sadurniño, Ferreira e Lamas. 📍 Saída: CPI de San Sadurniño 🕚 Hora: 11:00h 📝 Inscricións ata este xoves 22 de maio ás 14:00h. (Na nova tedes o formulario de Google para vos apuntar) ‼️ Máximo 140 prazas... e xa van cubertas 110!! Actividade gratuíta con seguro incluído. Non perdas a oportunidade de compartir unha xornada en bici con toda a familia! 🚴 Ah, e prepárate porque de aquí a setembro teremos moita máis bici no noso concello. Tes máis info no enlace e nas nosa axenda de Google Calendar. ~https://sansadurnino.gal/imos-dar-unha-volta-na-bici-este-domingo/~

Comments