Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
May 22, 2025 at 06:26 PM
Este venres culminamos a celebración das Letras Galegas con dúas propostas: 10:30h Casa da Cultura - "Desde Rosalía ata as Cantareiras". A Xanela do Maxín ofreceralle á rapazada de Educación Primaria do CPI un espectáculo multidisciplinar de pequeno formato que combina narración oral, música, obxectos e tecnoloxía para enxalzar a herdanza das mulleres homenaxeadas polas Letras Galegas. En colaboración co programa Ler Conta Moito. 18:30h Casa da Cultura - Cine galego: "O Apóstolo". Dirixida por Fernando Cortizo -quen participou na última edición do Chanfaina lab- a cinta cóntanos a historia dun convicto fuxido de prisión que chega a unha pequena aldea onde tentará recuperar un botín escondido. Xente estraña, almas en pena e mesmo o arcipreste de Compostela tentarán impedirllo. A película, unha auténtica obra mestra da animación stop-motion, conta coas voces de Carlos Blanco e Luis Tosar, entre outros. O pase é con entrada gratuíta.
Image from Concello de San Sadurniño: Este venres culminamos a celebración das Letras Galegas con dúas propo...

Comments