Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
May 23, 2025 at 11:51 AM
No noso territorio disputarase este sábado o tramo Santa Cristina-Ferrol VO, que implicará o peche desde as 11:30h das pistas de Amido, a Chabola, San Cristovo, As Filgueiras, Lapas, parte da estrada provincial DP-7601 (desde A Leiriña ata a Chabola) e a que conecta Ferreira de Arriba con Souto Calvo. O tramo, no que haberá dúas pasadas, non volverá abrirse ata aproximadamente as 17:30h. https://sansadurnino.gal/o-rally-cidade-de-naron-volvera-cruzar-igrexafeita-e-ferreira-este-sabado/

Comments