
Concello de San Sadurniño
May 26, 2025 at 07:16 AM
Charla sobre drons en San Sadurniño
📅 Martes 27 de maio | 🕕 11:30h a 14:00h | 📍 Casa da Xuventude
A empresa local WT Mode ofrecerá unha charla práctica sobre o uso dos drons aplicados á gandaría e ao monte. Explicarán como estas ferramentas permiten mellorar o control do gando, optimizar tarefas forestais e facer seguimento do territorio con tecnoloxía punteira.
🔗 Máis info: https://sansadurnino.gal/a-empresa-local-wt-mode-mostraranos-este-martes-as-posibilidades-dos-drons-a-gandaria-e-o-sector-forestal/