Concello de San Sadurniño
Concello de San Sadurniño
May 28, 2025 at 07:45 PM
🎉 Seguimos celebrando o segundo aniversario do Xeoparque Cabo Ortegal e a IX Semana dos Xeoparques Europeos cunha chea de actividades para todas as idades. 🏖️🔍 No noso concello temos este xoves 29, entre as 18:00 e as 19:30h, o "xeobradoiro" titulado "Un mundo nas areas do Xeoparque", no que descubriremos a grande variedade de areas que ofrece o noso litoral. 🔬 O obradoiro, impartido por Fran Canosa, contará con lupas especiais para observar con todo detalle as marabillas en miniatura que se poden atopar na costa desde Ortigueira até Valdoviño, como son as exclusisisivísimas areas negras de Teixidelo ou as espectaculares areas mesturadas con granates da praia de Fornos, en Cariño. 🗓️ Picade na ligazón e anotádevos de balde neste interesante obradoiro que terá lugar na Casa do Concello. Ah, e aproveitade para botarlle unha ollada e inscribirvos nas demais actividades que se desenvolven até o domingo, moitas delas aínda teñen prazas dispoñibles. https://xeoparquecaboortegal.gal/semana-dos-xeoparques-europeos/?fbclid=IwQ0xDSwKkRw9leHRuA2FlbQIxMQABHhxS9cqo_6hBUe1j3aAuoKNITbAZTwmgxd4xaK4hoc3Z50TOp9FampsI0NvI_aem_9qDb0tO1lLP_1gA0owJblQ

Comments