
Concello de San Sadurniño
June 4, 2025 at 10:13 AM
https://sansadurnino.gal/xa-se-poden-facer-as-comunicacions-das-fogueiras-de-san-xoan-e-san-pedro/
🔥No interior da noticia tedes varias recomendacións para un San Xoán máis seguro e sostible. Ademais tamén podedes descargar o impreso que haberá que presentar no Concello (ou na Sede Electrónica) o xoves 19 como moi tarde.
Ata o momento sabemos de dúas entidades que van celebrar a noite máxica do solsticio: o O Castelo de Narahío farao o sábado 21 á noitiña (servirán callos e terán un picadiscos) e Adiante de Igrexafeita organiza a súa salta o sábado 28 (servirán sardiñas, liscos e chourizos: 3€ persoas socias e 8€ o resto), xa que o sábado 21 teñen o xantar da festa do Biscordel.