
PCRG - Partido Comunista pola República Galega
June 12, 2025 at 01:13 PM
O ensino público é o único que garante a igualdade de oportunidades de todo o estudantado. Unha base fundamental para traballarmos pola sociedade do futuro. O ensino público é a base para o fomento da nosa lingua nacional. Un lugar para traballar valores democráticos, a defensa da muller traballadora, a pluralidade de ideas, a diversidade sexual. O ensino público non é un negocio. Non se paga por pór boas notas coma na privada ou na concertada, non se mira a renda e a orixe social ou racial de ninguén. O ensino público é un servizo. Non é exclusivo, porque non se exclúe; non é privado porque non se priva a ninguén do seu dereito á educación por ser de clase humilde, muller, migrante, etc. [...]
Continúa lendo nas nosas redes:
*FB*: https://goo.su/kUDpOgA
*IG*: https://goo.su/Eoq8FT
*X*: https://goo.su/N3UQoCy

🔥
1