
Concello de San Sadurniño
June 19, 2025 at 11:19 AM
⚽️ De venres a domingo dispútase o XIX Torneo de Fútbol 8 de San Sadurniño, organizado polo C.F San Sadurniño coa colaboración do Concello. Nel participarán 42 equipos prebenxamíns, benxamíns e alevíns de toda a volta. Arredor de 500 nenas e nenos gozarán do deporte (e tamén da piscina) durante estes tres días que implican un grande desafío loxístico para o club e para todas as persoas que fan posible este grande evento deportivo.
https://sansadurnino.gal/san-sadurnino-sera-capital-do-futbol-base-comarcal-esta-fin-de-semana/