ANPA RASA
ANPA RASA
June 18, 2025 at 09:03 AM
📚☀️ *Lecturas* anticipadas para *familias socias* antes de dicir *"bo verán"*! O curso está a piques de rematar, o verán xa chama á porta (e parece que vén con forza 🥵)… e hoxe temos *asemblea*! Aproveitamos para lembrarvos que na nosa web hai unha *sección de documentación* que, se ben non vai gañar o Premio Planeta, contén obras mestras como: 📊 Tesourería ➡️ *Contas claras*, e non coma os recibos da luz 📝 Actas asembleas ➡️ *Actas* sen suspense, pero coa historia do que fomos decidindo entre todas 📂 Memorias de actividades ➡️ *Memorias* que recollen todo o que imos conseguindo neste camiño 🎥 Outros documentos ➡️ *Outra documentación* con algún testimonio gráfico de eventos sinalados Non hai que lelas á beira das ondas (aínda que tampouco sería mala idea…), pero si que merecen unha ollada para entender todo o traballo feito e o que queda por facer. 📎 *Podedes acceder aquí* ➡️ https://bit.ly/anpadocs E por suposto… *vémonos na asemblea* desta tarde! Hai temas interesantes… e igual algún _spoiler_ do que se vén... 👀

Comments