CIG-Autonómica
CIG-Autonómica
May 25, 2025 at 07:09 PM
*A CIG concéntrase ante a EGAP para pedir a demisión da actual directora* A CIG convocou unha mobilización co lema, «POR UNHA EGAP TRANSPARENTE E EN GALEGO», e fíxoo ás portas da conmemoración do Día das Letras Galegas de 2025, pola situación de secuestro da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e da deriva antigalega, autoritaria, antidemocrática, elitista e partidista, á que está sometida a institución da man da súa directora. Esta directora, dende que entrou, está a corromper a EGAP cunha xestión opaca e clientelar na selección do persoal formador. Unha EGAP onde a demanda de formación das empregadas e empregados públicos é directamente ignorada, con ofertas raquíticas e que non se axustan ás necesidades reais dos empregos na Administración. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7597
Image from CIG-Autonómica: *A CIG concéntrase ante a EGAP para pedir a demisión da actual directo...
😮 1

Comments