CIG-Autonómica
CIG-Autonómica
May 25, 2025 at 07:15 PM
_CIG-Autonómica_ *Grito de alerta da CIG: as persoas maiores de Taboadela sofren coa “ Política de Recortes” da Xunta de Galiza nas residencias públicas* Segundo as queixas do persoal traballador do centro, o persoal xerocultor/a encargado/a da queda de noite non pode facer fronte dos/as grandes dependentes “é imposible realizar cambios posturais necesarios”, o que provoca dores e mal estar nos/as persoas residentes. Tampouco se lles pode cambiar os cueiros coa frecuencia requirida debido á falla de mans, “movémolos como podemos”. O Xerente do Consorcio é máis que coñecedor desta problemática. Esta situación non é froito da casualidade senón da política de recortes e desinvestimento do público que está aplicando a Xunta de Galiza, mentres presumen da apertura de novos centros de xestión privada, permite que os centros públicos esmorezan. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7625

Comments