CIG-Autonómica
CIG-Autonómica
May 29, 2025 at 12:35 PM
_CIG-Autonómica_ *O concurso específico deseñado pola Xunta será unha LD encuberta e personalizable* https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7638 O martes 3 de xuño quedará aprobado, previsiblemente, o modelo de bases dos concursos específicos (CE), un documento que permitirá ás consellerías convocar cada un dos 800 postos de CE cando queiran (se é que queren), e con criterios tan flexibles que poderán “personificalos” posto a posto. 📢 Os postos poderán seguir ocupados, como ata agora, en comisión de servizos, pois nada obriga ás consellerías a convocar os postos nun prazo determinado 📢 Limítase a indicar cales son os méritos a valorar, pero non a súa ponderación, polo que cada consellería poderá adaptar a puntuación personificándoa para cada posto a cubrir (un "dime como te chamas que eu che busco o posto") 📢 Cada consellería decide como quere valorar os méritos para cada posto. Vai poder adaptalos ao seu gusto, posto a posto. Ten suficiente capacidade para seleccionar a quen queiran. Será unha libre designación, con estabilidade no posto por 5 anos

Comments