CIG-Autonómica
CIG-Autonómica
June 13, 2025 at 11:38 AM
_CIG-Autonómica_ *Acordo Illas, RPT MACC, concurso escalas sociais, oposicións SPIF e AP-RRNN. E información xeral (resumo 12/06/25)* Participamos en tres xuntanzas, nas que quedou aprobado o acordo de condicións de traballo do Parque das Illas Atlánticas, a RPT da CMACC e a convocatoria do concurso de traslados das escalas sociais. Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario tratamos as bases das convocatorias de procesos selectivos a: Bombeiro/a forestal e B.F. condutor (grupo V-14 e V-14A), xefe/a de brigada (III-100), e Agrupación profesional de recursos naturais e forestais. Na rolda de intervencións falamos de: 1) laborais en excedencia que reingresan a posto funcionarizado en adscrición temporal, 2) persoas en adscrición por motivos de saúde que veñen dun posto en destino provisional, 3) concurso de traslados do persoal laboral fixo do Consorcio, e 4) carreira profesional. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7688

Comments