
CIG-Autonómica
June 20, 2025 at 11:17 AM
_CIG-Autonómica_
*A CIG solicita ao Consello de Contas que fiscalice a EGAP*
A CIG considera que existen motivos de interese público para a fiscalización da xestión económico-financeira da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Vimos de solicitar ao Consello de Contas a inclusión da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa programación de fiscalizacións. De acordo coa Lei 6/1985, do 24 de xuño, reguladora do Consello de Contas de Galiza, corresponde a este órgano a fiscalización da actividade económico-financeira do sector público galego, co obxecto de comprobar o sometemento da xestión pública aos principios de legalidade, eficacia, eficiencia e economía. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7701
