
CIG-Autonómica
June 20, 2025 at 11:23 AM
_CIG-Autonómica_
*Aire acondicionado no Consorcio: teremos que esperar a outra pandemia ou á emerxencia climática?*
Moitas das escolas infantís da rede Galiña Azul e os Centros de Atención a Persoas Maiores (CAPM) xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carecen de sistemas de climatización. Estes días de vaga de calor as temperaturas alcanzadas na maioría destes centros están preto dunha media os 30° á sombra no interior dos centros. Nas horas centrais do día, cando as crianzas e as persoas maiores dormen a sesta, as temperaturas que se alcanzan na maioría destes centros superan os 35°. https://autonomica.cigadmon.gal/w2/novas-por-contido/263-novas-da-cig-autonomica/7712