
BNG Ortigueira
May 23, 2025 at 02:41 PM
Animamos á veciñanza de Ortigueira a practicar unha nova política, fundamentada na participación cidadá.
Entendemos que a democracia non se reduce simplemente a votar cada catro anos. Vai moito máis alá. E isto implica proporcionarlle á cidadanía as ferramentas e a oportunidade para que realmente participe na toma de decisións.
De aí que teñamos o "buzón anónimo", onde poderedes deixar as vosas propostas, suxestións, rogos e preguntas que trasladaremos aos plenos municipais.
As nosas portas están e estarán abertas para aquelas persoas que queiran contribuír a construír un futuro mellor para Ortigueira e para Galiza.
📬 https://ortigueira.bng.gal/blog/section/buzon-anonimo/