BNG Ortigueira
BNG Ortigueira
May 28, 2025 at 06:01 PM
🔊 Desde o BNG de Ortigueira esiximos accións urxentes! O noso concello precisa unha intervención inmediata en materia de limpeza e mantemento. A situación actual en pistas, camiños e accesos a vivendas é preocupante: falta de visibilidade, invasión do carril de circulación e risco real de incendios. 🚧 Pedímoslle ao Goberno Municipal que actúe xa: 👉 Que se inicien os traballos de limpeza e conservación sen máis demoras. 👉 Que se garanta a seguridade das veciñas e veciños. 📍Levaremos este asunto ao vindeiro pleno municipal, para que quede constancia pública da nosa demanda. 💡 Ademais, volvemos propoñer a creación dun Plan de Conservación e Mantemento de Infraestruturas que evite chegar a esta situación. Instagram: https://www.instagram.com/reel/DKM7WiLiwQ8/?igsh=MWw1czVreWczems3OA== Facebook: https://www.facebook.com/share/r/19KUJGyrHK/
👏 1

Comments