
BNG Ortigueira
June 20, 2025 at 05:23 PM
⛱️🚤Servizo de socorrismo: unha vez máis, tarde e sen previsión🛟🏊🏻♀️
🗓️ O pasado 30 de maio, desde o BNG de Ortigueira, formulamos no pleno algunhas preguntas concretas para saber se as prazas de socorristas e patróns ían ser convocadas con tempo suficiente para garantir a súa incorporación a finais de xuño ou, cando menos, antes do Festival do Mundo Celta de Ortigueira. A resposta do alcalde foi ambigua e sen ningún compromiso concreto, que se publicarían en breve.
Onte anuncíabase que as bases da convocatoria se publicarían hoxe, 20 de xuño. E hoxe, despois dunha análise dos prazos oficiais, podemos afirmar que o servizo non poderá estar operativo ata ben entrada a segunda quincena de xullo (22-23 de xullo), no mellor dos casos.
👉🏻Desde o BNG reiteramos:
O goberno do PP–XA repite os mesmos erros que en 2024. Convocatorias tardías, respostas evasivas e ningunha vontade real de poñer solucións enriba da mesa. Fronte á súa improvisación, planificación e previsións dos prazos de moitas das convocatorias que levan feitas, desde o BNG solicitamos que se:
🔹Convoquen antes as prazas para ter un servizo de socorrismo desde, polo menos, o 1 de xullo.
🔹Evitar os problemas do ano 2024, para iso, ter preparado o material e dotar de medios e material desde o primeiro día ao servizo de socorristas e patróns.
O que temos diante é unha cronoloxía dun retraso anunciado, e unha mostra máis dunha forma de gobernar sen previsión, sen compromiso e sen respecto pola seguridade da veciñanza nin das persoas que nos visitan.
#ortigueira #merecemais #bng #ortigueiramerecemais
Instagram: https://www.instagram.com/p/DLIXlYztqJA/?igsh=bnZleHBrMnkybnhh
Facebook: https://www.facebook.com/share/1Aig69FQ8b/
👍
1